3.3.4. Fraccionamento do pagamento e domiciliación
Domiciliaciσn bancaria do pagamento
A domiciliación poderá efectuarse desde o día 1 de abril ata o día 25 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos.
Pagamento en dous prazos
Sen prexuízo da posibilidade de adiamento ou fraccionamento do pagamento prevista na lei Xeral Tributaria e desenvolvida no Regulamento Xeral de Recadación, o ingreso do importe resultante da autoliquidación poderase fraccionar, sen interese ou recarga algún, en dous partes : a primeira, do 60 por 100 do seu importe, no momento de presentar a declaración, e a segunda, do 40 por 100 restante, ata o 5 de novembro de 2020 inclusive.
Para gozar deste beneficio cumprirá que a declaración se presente dentro do prazo establecido. Non poderá beneficiarse deste fraccionamento o ingreso das autoliquidacións complementarias.
Os contribuíntes que opten polo fraccionamento do importe da débeda tributaria poderán:
- Domiciliar tanto o primeiro como o segundo prazo. Neste caso, o segundo prazo deberá domiciliarse na mesma entidade e conta en que se domiciliou o primeiro prazo. A domiciliación poderá efectuarse desde o 1 de abril ata o 25 de xuño de 2020.
- Domiciliar unicamente o pagamento do primeiro prazo. A domiciliación poderá efectuarse desde o 1 de abril ata o 25 de xuño de 2020. Neste caso, o ingreso do segundo prazo deberán efectuarse por vía electrónica ou directamente en calquera oficina situada en territorio español destas entidades (Bancos, Caixas de Aforro ou cooperativas de crédito) ata o día 5 de novembro de 2020, inclusive, mediante o modelo 102. Non obstante, e sempre que se domiciliase o primeiro prazo, os contribuíntes poderán domiciliar o segundo prazo ata o 22 de setembro de 2020 inclusive.
- Domiciliar unicamente o pagamento correspondente ao segundo prazo. Neste caso, a domiciliación deberá efectuarse nunha conta da entidade de crédito que actúe como colaboradora na xestión recadadora en que efectúe o ingreso do primeiro prazo. A domiciliación, poderá realizarse ata o 30 de xuño de 2020 inclusive.
Supostos de fraccionamento especial
Á marxe do réxime xeral de fraccionamento a normativa reguladora do IRPF contempla dous supostos especiais
- Falecemento do contribuínte.
- Perda da condición de contribuínte por cambio de residencia.
En ambos os dous casos, todas as rendas pendentes de imputación deben integrarse na base impoñible do último período impositivo que deba declararse polo IRPF. Por iso, os sucesores do causante ou o contribuínte poderán solicitar o fraccionamento da parte de débeda tributaria correspondente ás devanditas rendas. O fraccionamento rexerase polas normas previstas polo Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, coas seguintes especialidades:
- As solicitudes deben formularse dentro do prazo regulamentario de declaración.
- O solicitante debe ofrecer garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución nos termos previstos no Reglamneto Xeral de Recadación.