Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

7.3.6.4. Redución por arrendamento de vivendas

Nos supostos de arrendamento de bens inmobles destinados a vivenda, o rendemento neto  positivo calculado de acordo co que se dispón nos apartados anteriores reducirase nun 60 por 100.

A redución tamén resulta aplicable cando  sendo o  arrendatario unha persoa xurídica, quede acreditado que o inmoble se destina á vivenda de determinadas persoas físicas.

Nos alugamentos turísticos non resulta aplicable a redución do 60 por cento xa que non teñen por finalidade satisfacer unha necesidade permanente de vivenda senón cubrir unha necesidade de carácter temporal.