Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

7.4.2.6. Redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros

Redución para contribuíntes con  rendas non exentas inferiores a 12.000 euros (Art.32.2.3º da Lei)

  • Contribuíntes con rendas non exentas iguais ou inferiores a 8.000 euros anuais: 1.620 euros anuais.

  • Contribuíntes con rendas non exentas comprendidas entre 8.000,01 e 12.000 euros anuais: 1.620 euros – [0,405 x (Base Impoñible – 8.000 euros)]

L ímite

Como consecuencia da aplicación desta redución o saldo resultante do rendemento neto das actividades económicas  non poderá ser negativo.

Esta redución ten como límite o saldo da suma de rendementos netos de actividades económicas dos membros da unidade familiar, sen que poida ser negativo por aplicación da redución, e sen que a contía da redución, conxuntamente coa redución por obtención de rendementos do traballo (artigo 20 da Lei) poida exceder de 3.700 euros.

Precisións

Esta redución é única para o conxunto das actividades económicas exercidas, con in­dependencia do método polo que se determine o rendemento neto, polo que, se se realizan varias, haberá que distribuír o seu importe de forma proporcional entre todas elas.

Os requisitos para a aplicación desta redución son esixidos e veñen referidos ao contribuínte polo que se este reúne os devanditos requisitos poderá aplicar a citada redución, con independencia de que os rendementos de actividades económicas deriven da súa participación nunha entidade en réxime de atribución de rendas. Pola contra, non cabe a aplicación desta redución para determinar o rendemento neto das actividades económicas de entidades en réxime de atribución de rendas.

A redución é compatible co gasto estimado en concepto de provisións deducibles e gastos de difícil xustificación regulado no artigo 30 do Regulamento do IRPF.

En tributación conxunta se un dos contribuíntes da unidade familiar aplicase a redución por traballadores autónomos economicamente dependentes ou cun único cliente non vinculado, o resto de membros da unidade familiar, aos que non lles resulte aplicable esa redución, non poderán aplicar esta dada a incompatibilidade entre ambas as dúas.