Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

7.4.3.13. Formalización de actividades en estimación obxectiva

Actividades en estimación obxectiva (agás agrícolas, gandeiras e forestais)

Se se exerce a actividade a través dunha entidade sometida arégimen de atribución de rendas como son as comunidades de bens, as herdanzas xacentes, as sociedades civís que non teñan personalidade xurídica, as sociedades civís con personalidade xurídica que non teñen obxecto mercantil etc, non deberá encher este apartado, deberá consignar o rendemento neto atribuído no apartado  E " Réximes especiais" Réxime de atribución de rendas: rendementos do capital e de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais

A través dunha  xanela de selección deberá indicar o grupo ou o epígrafe da actividade que desenvolve.

Considéranse actividades, para o cálculo do rendemento neto, as recolleitas  na Orde de módulos con independencia dos locais en que se desenvolve.

Se unha actividade se desenvolve en varios locais considérase unha única actividade.

Por exemplo, se nun local se realiza a actividade "Cafetaría "epígrafe 672.1 do IAE (cafetaría de tres cuncas) e nun segundo local a actividade "Cafetaría" do epígrafe do IAE  672.3 (cafetaría de dúas cuncas), para os efectos da Estimación Obxectiva é unha única actividade ao englobar a Orde de módulos na actividade "Cafetaría" os epígrafes: 672.1, 672.2 e 672.3.

Pola contra, se nun único local exércese unha actividade do epígrafe 642.1 (comercio polo miúdo de carne) e outra do epígrafe 643.1 (comercio polo miúdo de peixes) trataríase de dúas actividades  xa que a Orde de módulos considéraas actividades distintas.

Unha vez seleccionado o epígrafe da actividade aparece unha xanela de captura de datos que recolle a información adicional  necesaria para o cálculo do rendemento neto desa actividade e, se é o caso, dos índices correctores aplicables.

Actividade de tempada

Teñen a consideración de actividades de tempada aquelas que habitualmente só se desenvolven durante certos días do ano, continuos ou alternos, sempre que o total non exceda de cento oitenta días por ano.

Se se trata dunha actividade de tempada, neste recadro deberá reflectirse o número de días de exercicio da actividade durante o exercicio 2019.

Novas actividades

Cando se trate de actividades iniciadas durante 2018 ou 2019 indicarase o ano de inicio, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  1. Que se trate de novas actividades cuxo exercicio se iniciase a partir do 1 de xaneiro de 2018.

  2. Que non se trate de actividades de tempada.

  3. Que non se exercesen anteriormente baixo outra titularidade ou cualificación.

  4. Que se realicen en local ou establecemento dedicado exclusivamente á nova actividade, con total separación do resto das actividades empresariais ou profesionais que, se é o caso, puidese realizar o contribuínte.

Incremento de cadro de persoal

Aumentou en 2019 o número de persoas asalariadas na actividade con respecto a 2018?

Co obxecto de que o programa realice correctamente o cálculo da "minoración por incentivos ao emprego "terá que indicar se se produciu ou non un incremento do número de persoas asalariadas, comparando a situación existente a 31 de decembro de 2019 con respecto á situación na mesma data do ano 2018. Así mesmo, enténdese que houbo incremento de cadro de persoal se nalgún momento durante o ano 2019 dispuxose de maior número de persoas asalariadas, en termos absolutos, en comparación co número máximo das existentes en calquera día do ano 2018.

Con esta finalidade non se terán en conta os traballadores que non deban computarse como persoal asalariado.

Exerce a actividade nun só local ou sen el 

Sinale Se/Non segundo corresponda.

Indique o número de vehículos afectos á actividade

Se dispón dalgún , sinale o número de vehículos afectos ao exercicio da actividade.

A capacidade de carga do vehículo é superior a  1.000 kg

Se dispón dun só vehículo afecto á actividade, sinale se a súa capacidade de carga supera ou non 1.000 kg.

Municipio onde se exerce a actividade

Índicar&aacute 1,2 ou 3 segundo o número de habitantes do municipio onde se exerce a actividade.

O número de habitantes será o da poboación de dereito do municipio, constituída polo total dos residentes inscritos no Padrón Municipal de Habitantes, presentes e ausentes.

Cando a actividade se exerza en varios municipios, indicarase o de maior poboación.

Para a actividade de produción de mexillón en batea (número de bateas e de barcos auxiliares)

Deberá consignar o número que proceda dos relacionados, en función das bateas e barcos auxiliares cos que se desenvolva a actividade.

Para a actividade de transporte de mercadorías por estrada e servizos de mudanza IAE : 722 e 757

Deberá sinalar o recadro correspondente se a actividade se realiza con tracto-camións e o titular carece de semiremolques.

Número máximo de empregados que traballaron simultaneamente en 2019

Deberá consignarse o número máximo de persoas asalariadas que traballaron na actividade simultaneamente en calquera momento do ano, sen incluír aqueles traballadores que non deban computarse como persoal asalariado.

Se a actividade non é de tempada e exerceuse  só durante unha parte do ano

Nos supostos de inicio da actividade despois do 1 de xaneiro ou de cesamento antes do 31 de decembro, deberá consignar o número de días en que exerceu a actividade, sen descontar os días de vacacións, os de descanso semanal nin os festivos.

Se en 2019 a actividade realizouse en Lorca (Murcia)

Se no exercicio 2019 a actividade realizouse en Lorca deberá seleccionar unha das seguintes claves:

  1. Actividade realizada exclusivamente en Lorca.

  2. Actividade realizada en Lorca e noutros municipios.

Se selecciona a clave 2 deberá cubrir o recadro  1476 indicando o importe da redución que corresponda á parte do rendemento neto reducido da actividade desenvolvida en Lorca. A redución aplicable será o 20 por 100 desa parte do rendemento neto reducido.

Se selecciona a clave 1 o programa calculará a redución e cubrirá o recadro 1476.

Pagamentos fraccionados e retencións

Deberá consignar as retencións e ingresos a conta e o programa trasladaraos ao recadro  0599 da páxina 22 da declaración.

Os pagamentos fraccionados (modelo 131 correspondentes a todas as actividades económicas realizadas en estimación obxectiva) consignaranse no Apartado  M "Cálculo do Imposto e Resultado da declaración "(recadro 0604 da páxina 22 da declaración).

Criterio de imputación temporal de cobramentos e pagamentos

Marcará este recadro se desexa optar polo criterio de imputación temporal de cobramentos e pagamentos.

Esta opción ten que referirse necesariamente a todas as actividades desenvolvidas polo mesmo titular.

Unha vez introducido o epígrafe do IAE correspondente a actividade e cumprimentados os datos da xanela de "Información relativa á actividade ", o programa mostrará os módulos aplicables á mesma.

  1. 7.4.3.13.1. Unidades de módulos
  2. 7.4.3.13.2. Minoracións, índices correctores e reducións