Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

7.4.4.12.2. Indices correctores e reducións

Índices correctores

O programa calcula e aplica,  en función dos datos consignados na información adicional, os índices correctores  que procedan segundo as características da actividade desenvolvida.

Para un correcto cálculo dos índices por actividades de agricultura ecolóxica e por cultivos en terras de regadío que utilicen enerxía eléctrica  deberá indicar, do conxunto do rendemento neto, a parte que proceda de terras de agricultura ecolóxica e separadamente das de regadío que utilicen enerxía eléctrica. Se ás terras cultivadas lles é de aplicación ambos os dous índices correctores, deberá consignaro de forma separada.

Deberá diferenciar tamén se as terras son propias ou proceden de terras arrendadas.

Redución por rendementos xerados en máis de dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular

Normalmente a redución deberá consignarse sen signo algún. Porén, cando a redución afecte a un rendemento neto negativo consignarase precedida do signo (-).

Índices reducidos

Como regra xeral, os ingresos deberán consignarse na primeira fila da xanela de captura de datos, para que o programa aplique os índices de rendemento neto xerais recollidos na Orde do 27 de novembro de 2018.

Non obstante, en previsión de que por circunstancias excepcionais sexan aprobados, para algúns cultivos, tipos de gañado ou especies forestais e en zonas determinadas, índices de rendemento neto reducidos, na xanela habilítanse filas adicionais en que, canda os ingresos, pode indicarse o índice específico aplicable cando sexa distinto do xeral.