Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.1.1.4. Formalización

Deberá cubrir os seguintes apartados:

  •  NIF da entidade

    Consigne o número de identificación fiscal (NIF) da entidade en réxime de atribución de rendas cuxas rendas atribuídas deban incluírse neste apartado e de que o contribuínte é socio, comuneiro ou partícipe.

    As entidades Non residentes que carecen de NIF, consignarán no recadro 1562  o número de identificación que teñan asignado as citadas entidades no país de residencia, e marcasen cunha “X” o recadro  1563  para indicar esta circunstancia.

  • Porcentaxe de participación do contribuínte na entidade 

    Consignarase neste recadro, expresado con dous decimais, a porcentaxe de participación que ten o socio, partícipe ou comuneiro na entidade en réxime de atribución de rendas.

  • Rendas atribuídas

    Consignarase o rendemento neto atribuído nos recadros correspondentes en función da fonte de que proceda: rendementos do capital mobiliario distinguindo aqueles a integrar na base impoñible xeral ou do aforro, rendementos do capital inmobiliario, rendementos de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais, distinguindo así mesmo dentro destas últimas as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.

    Consignarase tamén, se é o caso, o importe das  reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

    Atención: As rendas correspondentes ao réxime especial de imputación de rendas inmobiliarias deberán declararse no apartado C da  declaración  "Relación de bens inmobles e rendas derivadas dos inmobles a disposición dos seus titulares, arrendados ou cedidos a terceiros, ou afectos a actividades económicas "

    • Rendementos do capital mobiliario a integrar na base impoñible xeral:

      Deberá facilitar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das  reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

    • Rendementos do capital mobiliario a integrar na base impoñible do aforro:

      Deberá facilitar a seguinte información:

      • Deberá consignar o conxunto de rendementos de capital mobiliaria sen incluír os rendementos que se indican no apartado seguinte.

      • Deberá distinguir os rendementos de capital mobiliario derivados de débeda subordinada ou de participacións preferentes (diferenciando os rendementos positivos dos negativos) de que non deriven deste tipo de produtos.

    • Rendementos do capital inmobiliario (inmobles arrendados ou cedidos a terceiros)

      Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá facilitar o NIF da entidade en réxime de atribución de rendas ou o número de identificación no país de residencia en caso de entidades non residentes,  o rendemento neto atribuído pola entidade en atribución de rendas e, se é o caso, as reducións e minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

      Cando o adquirente, cesionario, arrendatario ou subarrendatario do ben inmoble ou do dereito real que recaia sobre o mesmo, sexa o cónxuxe ou un parente do contribuínte, incluídos os afíns, ata o terceiro grao inclusive (pais-fillos; avós-netos; irmáns; tíos-sobriños), e o rendemento neto atribuído menos as reducións e minoracións se é o caso aplicables, sexa inferior ao rendemento mínimo computable en caso de parentesco, deberá indicar no apartado da xanela referente a "Rendemento neto atribuído" o rendemento mínimo en caso de parentesco e non incluír ningún dato en "Reducións e Minoracións" .

      Deberá relacionar tamén os inmobles arrendados ou cedidos a terceiros, indicando para cada un deles os seguintes datos que aparecerán reflectidos posteriormente no modelo de declaración no apartado " Relación de bens inmobles arrendados ou cedidos a terceiros por entidades en réxime de atribución de rendas" do apartado  E  da declaración:

      • Titularidade: Reflectirase a porcentaxe na titularidade do inmoble como consecuencia da participación na entidade.

      • Natureza: Indicarase se o inmoble ten natureza rústica ou urbana.

      • Número de días en que os inmobles estiveron arrendados ou cedidos a terceiros.
      • Situación:  Seleccionarase a clave que corresponda á situación do inmoble entre as que aparecen no desdobrable da xanela.

      • Referencia catastral: Recollerase neste apartado a referencia catastral do inmoble que consta no recibo do Imposto de Bens Inmobles que corresponde ao mesmo.

    • Rendementos de actividades económicas :

      Deberá marcar o recadro correspondente se opta, para os efectos da imputación temporal dos rendementos, pola aplicación do criterio de cobramentos e pagamentos, en lugar do de devindicación.

      Deberá elixir o réxime de determinación do rendemento neto e consignar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das  reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

      No caso de percibir rendementos de derivados de diferentes actividades económicas deberá reagrupar os rendementos en dous recadros diferenciados, por un lado todas as actividades cuxo rendemento sexa positivo, e noutra todas as que  sexan negativas.

    • Ganancias e Perdas patrimoniais imputables a 2019 : Deberá indicar nos recadros correspondentes as ganancias e / ou perdas patrimoniais atribuídas pola entidade, distinguindo as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.

      Distinguiremos primeiramente, as ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión dalgún elemento patrimonial.

      A continuación deberemos consignar primeiramente as ganancias patrimoniais atribuídas pola entidade que derivan da transmisión de elementos patrimoniais.

      No apartado seguinte, e no caso de que o importe da transmisión sexa destinado a constituír unha renda vitalicia, deberemos consignar o devandito importe.

      Se á ganancia patrimonial obtida é de aplicación a Disposición Transitoria Novena, isto é, se o elemento patrimonial transmitido foi adquirido con anterioridade a 31 de decembro de 1994, deberase consignar o valor de transmisión do elemento patrimonial ao que se lle aplica determinados índices correctores parte do valor desde a data de adquisición a 20 de xaneiro de 2006.

      Se a transmisión efectuada é a dun inmoble urbano adquirido entre o 12 de maio e 31 de decembro de 2012, a ganancia patrimonial obtida estará exenta nun 50 %. Debiéndo consignao no recadro 1589.

      No recadro 1590  seguinte deberemos consignar a ganancia patrimonial producida pola transmisión dalgún elemento patrimonial que estivese exenta polo reinvestimento en rendas vitalicias.

      Se o importe da ganancia está exenta por reinvestimento en entidades de nova ou recente creación, deberá indicaro no recadro 1591.

      Nos seguintes recadros 1592 e  1593 deberemos incluír as ganancias susceptibles de redución polo DT 9ª, e as reducións aplicables.

      Finalmente deberemos consignar no recadro  1596 as perdas patrimoniais producidas pola transmisión de elementos patrimoniais.

  • Retencións e ingresos a conta atribuídos

    Consignaranse as retencións e ingresos a conta atribuídos e  o programa trasladará o importe aos recadros 0592 a 0600 da  declaración .