Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.1.3.1.4. Outras cuestións

Ademais, debe terse en conta, entre outras, as seguintes cuestións:

Integración na base impoñible

As rendas positivas de cada unha das fontes citadas imputaranse na base impoñible xeral, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei do Imposto.

Obrigas formais

Os contribuíntes a quen sexa aplicable este réxime de imputación deberán presentar conxuntamente coa declaración de IRPF os seguintes datos relativos á entidade non residente:

  • Nome ou razón social e lugar do domicilio social.

  • Relación de administradores.

  • Balance e conta de perdas e ganancias.

  • Importe das rendas positivas que deban ser incluídas na base impoñible.

  • Xustificación dos impostos satisfeitos respecto da renda positiva que deba ser incluída na base impoñible.

Convenios internacionais e réximes forais

O réxime de transparencia fiscal internacional entenderase sen prexuízo do que se dispón nos tratados e convenios internacionais que pasasen a formar parte do ordenamento interno e dos réximes tributarios forais de Concerto e Convenio Económico en vigor, respectivamente, nos Territorios Históricos do País Vasco e na Comunidade Foral de Navarra.