8.10. Cota diferencial e resultado da declaración
O programa calculará a cota diferencial e o resultado da declaración.
A cota diferencial será a diferenza entre o importe consignado nos recadros 0595 e 0609. De obterse unha cantidade negativa, o importe do recadro 0610 aparecerá precedido do signo menos (-).
O resultado da declaración será o produto da seguinte operación: recadros (0610-0611+0612-0613-0623+0624-0636+0637-0645+0646-0660+0661-0662+0663+0664+0661) De obterse unha cantidade negativa, o importe do recadro 0670 aparecerá precedido do signo menos (-). Se o resultado da declaración é unha cantidade positiva, deberá ingresar o seu importe.
Se o resultado da declaración é unha cantidade negativa, o contribuínte ten dereito á devolución da cantidade que resulte ao seu favor.