Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.2.4.2. Regra especial para a actividade de autotaxi en estimación obxectiva

Os contribuíntes que exerzan a actividade de transporte por autotaxis, clasificada no epígrafe 721.2 da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, e determinen o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva, reducirán as ganancias patrimoniais que se lles produzan como consecuencia da transmisión de activos fixos intanxibles, cando esta transmisión estea motivada por:

  • Incapacidade permanente.

  • Xubilación.

  • Cesamento da actividade por reestruturación do sector.

  • Transmisión, calquera que sexa a causa, a familiares ata o segundo grao.

A redución obterase aplicando á ganancia patrimonial as seguintes regras:

  1. Distinguirase a parte da ganancia que se xerase con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015, entendendo como tal a parte da ganancia patrimonial que proporcionalmente corresponda ao número de días transcorridos entre a data de adquisición e 31 de decembro de 2014, ambos os dous incluídos, respecto do número total de días que permanecese no patrimonio do contribuínte.

  2. A parte da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 reducirase aplicando as seguintes porcentaxes en función do número de anos transcorridos desde a data de adquisición ata 31 de decembro de 2014.

A parte da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 reducirase aplicando as seguintes porcentaxes en función do número de anos transcorridos desde a data de adquisición ata 31 de decembro de 2014.

Ata (anos)Máis de (anos)
1 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
Redución 4% 8% 12% 19% 26% 33% 40% 47% 54% 61% 74% 87% 100%