Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.9.5.1.3.Formalización

A formalización realízase  nos recadros  0611, 0612 e 0613 do apartado M da declaración "Cálculo do Imposto e Resultado da declaración ".

A través dunha xanela de captura de datos deberá facilitar a información necesaria para o cálculo do importe da dedución por maternidade:

  1. Cotizacións á Seguridade Social e período en que realiza unha actividade por conta propia ou allea:

    • Deberá indicar neste apartado o período en que realiza unha actividade por conta propia ou allea, sinalando os meses do ano en que realiza a actividade. Se a actividade se realiza durante todo o ano marcará "X" no recadro correspondente.

    • Terá que reflectir o importe das cotizacións á Seguridade Social (ou Mutualidade alternativa) en cada mes do exercicio. Non obstante, se as cotizacións de cada mes son iguais ou superiores a 100 euros, non cumprirá consignaras, senón que poderá marcar cunha "X" o recadro establecido para ese fin.
  2. Cando o pai ou o titor obtivesen neste exercicio a garda e custodia exclusiva deberán indicar a data de falecemento da nai ou a data de atribución da garda e custodia.
  3. Se os proxenitores (as persoas que realizaron o acollemento ou os titores) teñen o mesmo sexo e exerceron ambos os dous unha actividade por conta propia ou allea nalgún mes do exercicio, os dous terán dereito á dedución. Neste caso deberá indicaro marcando o recadro correspondente e reflectindo os meses en que ambos os dous realizaron unha actividade.

  4. Se percibiu cantidades en concepto de pagamento anticipado da dedución deberá consignar o importe total percibido no exercicio.

  5. Se ten dereito ao incremento por gardarías deberá reflectir as cantidades que correspondan a gastos de custodia e os meses completos en que o fillo ou o acollido estivo matriculado.

  6. Se non está obrigado a presentar declaración, pero preséntaa, deberá indicar na modalidade dindividual que non está obrigado e se opta por presentar declaración conxunta deberá indicar se, nesa modalidade, ten ou non obriga de declarar.