Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.9.5.2. Deducións familiares

Terán dereito ás deducións familiares por descendentes e ascendentes con discapacidade, por cónxuxe non separado legalmente con  discapacidade, por familia numerosa e por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anulidadades por alimentos,   os contribuíntes que cumpran os requisitos específicos de cada unha das deducións, e pola súa parte pertenzan a un destes dous colectivos:

  • Colectivo 1: contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa.

  • Colectivo 2: contribuíntes que perciban prestacións contributivas  e asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de previsión social alternativas.

Incompatibilidades

A dedución por cónxuxe non separado legalmente é incompatible coa dedución por descendentes e ascendentes con discapacidade con respecto á mesma persoa.

A  dedución por familia numerosa e a dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos, son incompatibles entre si.