Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

8.9.5.5.1 Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá facilitar a información necesaria para o cálculo do importe da dedución:

  • Datos identificativos do cónxuxe con discapacidade.
  • Data de recoñecemento da discapacidade.
  • Data de cesamento da discapacidade se se produciu en 2019.
  • Se o matrimonio estivo vixente durante todo o ano marcará o recadro correspondente.
  • Se o matrimonio non estivo vixente durante todo o ano indicará o primeiro mes e o último mes completo de 2019 en que estivo vixente.
  • Cando o cónxuxe do declarante de dereito a aplicar, no exercicio, a dedución por ascendente ou descendente con discapacidade a cargo, o contribuínte deberá indicaro na súa declaración marcando o recadro correspondente. Ao marcar o recadro aparecerá un desdobrable, en que deberá reflectir os meses en que os ascendentes ou descendentes teñen dereito á dedución.
  • O importe do aboamento anticipado da dedución. Teña en conta que se percibiu de forma indebida (total ou parcialmente) o aboamento anticipado e antes da presentación desta declaración regularizase esa situación mediante o ingreso das cantidades recibidas en exceso a través do modelo 122, o importe que hai que consignar en concepto de aboamento anticipado será a diferenza entre o importe que lle aboasen anticipadamente e o importe restituído a través do devandito modelo.
  • Os datos relativos a pensionistas e desempregados e / ou as  cotizacións á Seguridade Social ou Mutualidade correspondente ao contribuínte que teña dereito á dedución.