Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

9.8.2.2.3. Por investimentos en producións cinematográficas

  1. PRODUCIÓNS ESPAÑOLAS DE LONGAMETRAXES CINEMATOGRÁFICAS E DE SERIES AUDIOVISUAIS.

    Os investimentos en producións españolas de longametraxes cinematográficas e de series audiovisuais de ficción, animación ou documental, que permitan a confección dun soporte físico previo á súa produción industrial seriada, darán dereito ao produtor a unha dedución do 25 por cento respecto do primeiro millón de euros da base da dedución, e do   20 por cento sobre o exceso do devandito importe. O importe desta dedución non poderá ser superior a 3 millóns de euros.

    A base da dedución estará constituída polo custo total da produción, así como polos gastos para a obtención de copias e os gastos de publicidade e promoción a cargo do produtor ata o límite para ambos os dous do 40 por cento do custo de produción.
    Polo menos o 50 por cento da base da dedución deberá corresponderse con gastos realizados en territorio español.

  2. PRODUTORES REXISTRADOS NO REXISTRO DE EMPRESAS CINEMATOGRÁFICAS QUE SE ENCARGUEN DA EXECUCIÓN DUNHA PRODUCIÓN ESTRANXEIRA.

    Sempre que permitan a confección dun soporte físico previo á súa produción industrial terán dereito a unha dedución do   20 por cento dos gastos realizados en territorio español sempre que estes sexan, polo menos, dun millón de euros.

    A base da dedución está constituída polos seguintes gastos realizados en territorio español directamente relacionados coa produción:

    • Os gastos de persoal creativo, sempre que teña residencia fiscal en España ou nalgún Estado membro do Espazo Económico
      Europeo, co límite de 100.000 euros por persoa. 

    • Os gastos derivados da utilización de industrias técnicas e outros provedores.

    • O importe desta dedución non pode ser superior a 3 millóns de euros, por cada produción realizada.

  3. GASTOS DE PRODUCIÓN E EXHIBICIÓN DE ESPECTÁCULOS EN VIVO.

    Os gastos de produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais terán dereito a unha dedución conxunta do 20 por cento. A base da dedución estará constituída polos custos directos de carácter artístico, técnico e promocional incorridos nas referidas actividades. A dedución
    xerada en cada período impositivo non poderá superar o importe de 500.000 euros por contribuínte.