Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.11.11. Por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico ou innovación tecnolóxica

Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica do imposto o 25 por cento, ata o límite do 10 por cento da devandita cota dos donativos monetarios que se fagan a favor de:

  • Centros de investigación adscritos a universidades galegas e de promovídosos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan como obxecto o fomento da investigación científica e no desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.
  • Entidades sen ánimo de lucro acollidas á Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a condición de que estas últimas teñan a consideración de organismo de investigación e difusión de coñecementos de acordo co previsto no artigo 2.83 do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

A dedución queda condicionada á súa xustificación documental.

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá indicar o importe satisfeito no exercicio con dereito á dedución.