Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.11.14. Por investimento en empresas agrarias e sociedades cooperativas

Os contribuíntes podran deducir o 20 por cento das cantidades investidas na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en empresas agrarias e sociedades cooperativas agrarias ou de explotación comunitartia da terra.

Tamén poderán deducirse, con respecto ás mesmas entidades, o 20 por cento das cantidades prestadas ou garantidas persoalmente polo contribuínte, no momento da constitución da sociedade ou a ampliación de capital desta .

O límite máximo conxunto da dedución é 20.000 euros, con independencia do número de membros da unidade familia que satisfaga os importes que dan dereito a ela

Requisitos

  • A participación do contribuínte, canda as do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído non pode ser superior ao 40 por cento do capital social da entidade ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites anteriores. O límite máximo de participación no capital social non se aplicará no caso de sociedades laborais ou coopera­tivas compostas unicamente por dúas persoas socias, mentres se manteña esta circunstancia.
  • As entidades obxecto de investimento deben ter o domicilio social e fiscal en Galicia durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • Deben ter como obxecto social exclusivo a actividade agraria.
  • As operacións obxecto de dedución deben formalizarse en escritura pública.
  • As participacións deben manterse durante un período mínimo de tres anos no patrimonio do contribuínte, seguintes á constitución ou ampliación.
  • No caso de préstamos, deben referirse a operacións de financiamento cun prazo igual ou superior a 5 anos.
  • No caso de garantias, estas deberán extendertse todo o tempo de vixencia da operación, e non poderán ser inferiores a cinco anos.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible, para as mesmas inversioes, coas deducións "Por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación", Por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas  ou de recente creación e o seu financiamento", e "Por investimento en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do mercado altenativo bolsista".

Formalización

O programa dá a posibilidade de incluír ata dúas entidades obxecto do investimento, deberá consignar, de maneira obrigatoria, as cantidades investidas nas entidades, así como o NIF delas .

 O programa trasladará os datos ao anexo B7 da declaración.