10.11.16 Para paliar danos causados por explosión de material pirotécnico
Por subvención ou calquera outra axuda pública obtida
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
- O importe da devandita dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame á parte da base liquidable xeral que corresponda á devandita subvención ou axuda.
- A dedución poderase aplicar unicamente cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Comunidade Autónoma de Galicia das incluídas no Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.
Por investimentos non empresariais coa finalidade de paliar os danos sufridos que excedan das axudas ou subvencións recibidas
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
- O importe das cantidades investidas, en investimentos non empresariais, coa finalidade de paliar os danos sufridos, pola parte que exceda das cantidades percibidas por axudas ou subvencións das incluídas no Decreto 55/2018, do 31 de maio, de Medidas urxentes para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, ou por coberturas de seguros.
- En ningún caso a cantidade obxecto de dedución poderá ser superior á diferenza entre o dano sufrido e as cantidades recibidas por axudas ou coberturas de seguro.