10.12.2. Por adopción internacional de nenos
No suposto de adopción internacional, os contribuíntes poderán deducir 600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo.
Esta dedución é compatible coa dedución "Por nacemento ou adopción de fillos"
Cando ambos os dous pais adoptivos convivan co neno a dedución ratearase entre eles por partes iguais.
A adopción terá carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables nesta materia.
Formalización
En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito internacional.
Noutro caso, o número de fillos adoptados internacionalmente reflectirase no recadro "Do Titular ". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, se os fillos conviven con ambos os dous pais adoptivos.