10.13.10 Por adopción ou nacemento
Contía
Os contribuíntes poderán deducir, por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo en que se produza o nacemento ou a adopción, as seguintes cantidades:
-
100 euros se se trata do primeiro fillo.
-
200 euros se se trata do segundo fillo.
- 300 euros se se trata do terceiro fillo ou sucesivos
Requisitos
-
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode superar os 30.000 euros en declaración individual e os 50.000 euros en tributación conxunta.
-
Cando os fillos convivan con ambos os dous proxenitores na data de devindicación aplicarán a dedución pola metade se ambos os dous tributan de forma individual e polo importe íntegro se tributan de forma conxunta. Se convive con só un dos proxenitores, será este o que poderá aplicar o importe íntegro da dedución. Se un dos proxenitores non cumpre o requisito do límite de base impoñible, o importe íntegro da dedución poderá aplicara o outro que o cumpra.
-
Se o o número de fillos dá lugar á aplicación dun importe diferente, ambos os dous aplicaranse a dedución que corresponda en función do número de fillos preexistentes. Se dandose esta circunstancia a declaración for conxunta, a dedución será a suma do que a cada un correspondería se a declaración fóra individual.
Formalización
Deberá indicar o número de orde que representa o fillo nado ou adoptado no exercicio respecto de todos os fillos do contribuínte.
- A formalización farase na columna "comúns" no caso de matrimonio cando o fillo teña o mesmo número de orde para ambos os dous cónxuxes e ademais ambos os dous presenten declaración.
-
En caso distinto de matrimonio ou cando existindo matrimonio o fillo nado ou adoptado tivese un número de orde distinto para cada cónxuxe ou cando tendo en mesmo número de orde un do cónxuxes non presente declaración, o número de orde cubrirase na columna "titular".
Deberá consignar o número de declarantes con dereito á dedución indicando 1 se só un dos proxenitores ten dereito á dedución (exemplo: fillo dunha parella de feito que conviva cos dous proxenitores que presentan declaración individual e un non cumpre o requisito de base impoñible) ou un 2 se os dous proxenitores teñen dereito (exemplo: fillo dunha parella de feito que conviva cos dous proxenitores que presentan declaración individual e ambos os dous cumpre o requisito de base impoñible).