10.13.13. Por acollemento non remunerado
Importe da dedución
600 euros por cada persoa maior de 65 anos ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Requisitos e condicións
- O acollido debe convivir co contribuínte durante máis de 183 días ao ano en réxime de acollemento sen contraprestación.
- O acollido non debe estar ligado ao contribuínte por un vínculo de parentesco de consanguinidade ou de afinidade de grao igual ou inferior ao cuarto.
- Cando a persoa acollida xere o dereito á dedución para máis dun contribuínte simultaneamente, o importe da mesma ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles se optasen por tributación individual.
- O contribuínte deberá estar en posesión do documento acreditativo do correspondente acollemento non remunerado, expedido pola Consellaría competente en materia de asuntos sociais.
- O acollemento non debe dar lugar á obtención de axudas ou subvencións da Comunidade de Autónoma da Rexión de Murcia.
Formalización
En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución e non haxan ptado por unha captura de datos individual cubrirán o recadro "Común".
No resto dos casos cubrirán o recadro "Titular" indicando, ademais, o número de persoas con dereito á dedución.