10.13.8. Por gastos de material escolar
Os contribuíntes poderán aplicar unha dedución de 120 euros, por cada descendente, pola adquisición de material escolar e libros de texto derivado da escolarización dos seus descendentes no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Requisitos
-
Os contribuíntes que non formen parte dunha unidade familiar que teña a condición legal de familia numerosa:
-
En declaración individual, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 20.000 euros.
-
En declaración conxunta, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 40.000 euros.
-
-
Os contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que teña a condición legal de familia numerosa:
-
En declaración individual, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 33.000 euros.
-
En declaración conxunta, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 53.000 euros.
-
-
A dedución corresponderá ao ascendente que satisfixese as cantidades destinadas á adquisición dos libros de texto e do material escolar. Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución, o importe desta ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
No caso de matrimonio, e en declaracións individuais, se un dos contribuíntes con dereito á dedución non presenta declaración, por non estar obrigado, o outro, se cumprise os requisitos, poderá aplicar a dedución na súa totalidade.
- Só teran en contase a aqueles descendentes que dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
-
O importe da dedución deberá minorarse, por cada descendente, na cantidade correspondente ás bolsas e axudas obtidas no período impositivo procedente de calquera Administración Pública, que cubra a totalidade ou parte dos gastos por adquisición de material escolar ou libros de texto.
Formalización
Deberá indicar nos recadros habilitados para ese fin os seguintes datos diferenciados:
-
En caso de matrimonio, deberá indicar o número de descendentes que sexan comúns a ambos os dous cónxuxes e qu ademais orixinen o dereito a dedución aos dous, sempre que presenten ambos os dous declaración.
A continuación deberá indicar a cantidade en euros que corresponde á adquisición de libros de texto, procedentes de bolsas ou axudas correspondentes a ambos os dous cónxuxes. -
Noutro caso, ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual, deberá reflectir, en primeiro lugar, o número de fillos que orixinan o dereito á dedución, diferenciando os que dan dereito a deducir unicamente ao titular, de que dan dereito a deducir ao titular e a outro contribuínte, reflectindo, nos dous casos, as cantidades totais de bolsas ou axudas públicas que correspondan á adquisición de libros de texto e material escolar.
-
Deberá indicar, se é o caso, marcando cunha X, se forma parte dunha familia numerosa.