Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.15.2. Por nacemento ou adopción múltiple

Contía

  •  224 euros por nacemento ou adopción múltiple, durante o período impositivo, como consecuencia de parto múltiple ou de dous ou máis adopcións constituídas na mesma data.

Requisitos

  • Que  os fillos dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes
  • Que a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro non sexa superior a 25.000 euros, en tributación individual, ou a 40.000 euros, en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

Límite

O importe íntegro da dedución soa será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros en tributación individual, ou inferior a 37.000 euros, en tributación conxunta.

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros en tributación individual, ou entre 37.000 e 40.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:

  1. En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000)

  2. En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 37.000)

Cando ambos os dous proxenitores ou adoptantes teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

Esta dedución será compatible coa dedución por nacemento ou adopción, durante o período impositivo, coa dedución por nacemento ou adopción dun fillo con discapacidade e coa dedución por familia numerosa.

Formalización

En caso de matrimonio e se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá marcar o recadro "común".

Noutro caso, deberá marcar o recadro " do Titular ". Neste suposto deberá indicar, adicionalmente, se os fillos conviven ou non con ambos os dous pais ou adoptantes.