Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.2.6. Por adquisición de vivenda habitual por vítimas do terrorismo

Os contribuíntes que teñan a condición de vítimas do terrorismo ou, no seu defecto e por esta orde, o seu cónxuxe ou parella de feito ou os fillos que viñesen convivindo cos mesmos, poderán deducirse o 3 por 100 das cantidades satisfeitas durante o período impositivo pola adquisición dunha vivenda nova.

Requisitos

  • A vivenda debe estar situada no territorio da Comunidade Autónoma de Aragón sempre que a vivenda constitúa ou vaia a constituír a residencia habittual do contribuínte.

  • A vivenda debe estar acollida a algunha modalidade de protección pública da vivenda.

Base máxima da dedución

A base máxima da dedución será de 9.040 euros anuais e estará constituída polas cantidades satisfeitas para a adquisición, incluídos os gastos orixinados que corresen a cargo do adquirente, e no caso de financiamento alleo, a amortización, os intereses, o custo dos instrumentos de cobertura do risco do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios regulados no artigo 19 da Lei 36/2003, e demais gastos derivados da mesma.

O concepto de adquisición de vivenda habitual e o seu límite máximo serán os fixados pola normativa estatal vixente a 31 de decembro de 2012, así como o requisito da comprobación da situación patrimonial do contribuínte.

Formalización

Na xanela reflectirase o importe satisfeito con dereito á dedución.

En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución, reflectirase o 50 por 100 da totalidade das cantidades investidas con dereito á dedución.