Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.3.1. Por acollemento non remunerado de maiores de 65 anos

Os contribuíntes terán dereito a unha dedución de 341 euros por cada persoa maior de 65 anos que conviva co contribuínte máis de 183 días ao ano en réxime de acollemento sen contraprestación.

Requisitos

  • A suma da base impoñible xeral e do aforro non poderá superar 25.009 euros en tributación individual e 35.240 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
  • O acollido non pode estar ligado ao contribuínte por un vínculo de parentesco de consanguinidade ou afinidade de grao igual ou inferior ao terceiro.
  • O acolledor e o acollido non poden percibir  axudas ou subvencións do Principado de Asturias por causa do acollemento.
  • Cando o acollido conviva con máis dun contribuínte, o importe da dedución ratearase por partes iguais entre os contribuíntes que convivan co acollido e aplicarase unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas.
  • O contribuínte debe estar en posesión do documento acreditativo do acollemento non remunerado, expedido pola Consellaría competente en materia de asuntos sociais.

Formalización

En caso de matrimonio e se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "común" o número de persoas acollidas por ambos os dous cónxuxes que dan dereito á dedución.

Noutro caso, o número de persoas acollidas reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de titulares do acollemento cos que convive o acollido.