10.3.13. Por gastos de descendentes en centros de 0 a 3 anos
Os contribuíntes poderán aplicar unha dedución do 15 por cento das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de gastos de descendentes, pagos en centros de cero a tres anos, co límite de 330 euros##2## por cada descendente que non supere a citada idade.
Esta dedución soa resultará aplicable cando os proxenitores, adoptantes ou titores ou acolledores convivan co menor. Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación do beneficio fiscal, o importe da dedución ratearase por partes iguais.
Só terán dereito a esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible non resulte superior a 25.009 euros en tributación individual nin a 35.240 euros en tributación conxunta.
Se o menor cumprise os tres anos no exercicio, calcularanse de forma proporcional a dedución e o citado límite, ao número de meses en que se cumpran os requisitos.
Formalización
Deberá indicar, por cada descendente (o programa ten capacidade para incluír ata catro descendentes) o importe satisfeito, o nº de persoas con dereito a dedución, e se o menor cumprise os tres anos durante o exercicio, o número de meses transcorridos incluído o mes do exercicio en que se cumpren. Neste , caso os importes serán os satisfeitos ata esa data.