Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.3.4. Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida

Os contribuíntes que teñan dereito a percibir subvencións ou axudas económicas para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida conforme á normativa estatal ou autonómica terán dereito a aplicar, na cota íntegra autonómica, unha dedución de 113 euros.

Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

Formalización

Deberá indicar que ten dereito á dedución marcando o recadro habilitado para ese fin e o número de persoas, que con respecto á mesma vivenda, teñen dereito a aplicar a dedución.