Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.3.8. Por partos múltiples ou por dous ou máis adopcións constituídas na mesma data

Como consecuencia de partos múltiples ou de dous ou máis adopcións constituídas na mesma data, os contribuíntes terán dereito a unha dedución de 505 euros por fillo nado ou adoptado no período impositivo en que se leve a cabo o nacemento ou adopción. Unicamente será de aplicación a dedución cando o menor conviva co proxenitor ou adoptante.

A adopción entenderase realizada no exercicio impositivo en que se leve a cabo a inscrición no Rexistro Civil español. Cando a inscrición non sexa necesaria atenderase ao período impositivo en que se produza a resolución xudicial ou administrativa correspondente.

No suposto de matrimonios ou unións de feito a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles cando estes opten pola presentación de declaración individual.

As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de devindicación do imposto.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o número de fillos que dean dereito á dedución.

Reflectiranse no recadro "Común" cando en caso de matrimonio os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os dous cónxuxes. Noutro caso, reflectiranse no recadro "Do Titular ", neste caso deberá indicar tamén o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución.