10.3.9. Para familias numerosas
Os contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que, a data de devindicación do imposto, ostente o título de familia numerosa expedido pola autoridade competente en materia de servizos sociais, terán dereito a unha dedución de:
-
505 euros para familias numerosas de categoría xeral.
-
1.010 euros para familias numerosas de categoría especial.
Requisitos
-
As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse de acordo co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas.
-
A dedución unicamente resultará aplicable nos supostos de convivencia do contribuínte co resto da unidade familiar.
-
Só terá dereito a esta dedución o contribuínte cuxa base impoñible, xeral e do aforro, non resulte superior a 25.009 euros en tributación individual nin a 35.240 euros en tributación conxunta.
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de devindicación do imposto.
Formalización
Indicarase a través dunha xanela de captura de datos a seguinte información:
-
A dedución corresponderá a quen posúa o título de familia numerosa (normalmente os pais). En caso de matrimonio, cando a dedución corresponda a ambos os dous cónxuxes, marcarase cunha "X" na columna "Común" a categoría de familia numerosa en que se ache clasificado.
-
En caso contrario, marcarase na columna "Do Titular "debendo indicar, ademais, o número de persoas que teñen dereito á dedución:"1" cando só poida aplicara o titular seleccionado; "2" cando poidan aplicara dúas persoas, etc.