Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.4.13. Por arrendamento de vivenda por traslado temporal

Os contribuíntes poderán deducirse o 15 por cento dos gastos satisfeitos durante o exercicio en concepto de renda de alugamento de vivenda por razón do traslado temporal da súa illa de residencia a outra illa do arquipélago balear no ámbito dunha mesma relación laboral por conta allea.

O importe máximo anual desta dedución será de 400 euros.

Requisitos

  • Que se trate dun arrendamento dun inmoble destinado a vivenda e ocupado efectivamente polo contribuínte.
  • Que se constituíse o depósito da fianza a favor do Instituto Familiar da Vivenda.
  • Que a suma das bases impoñibles, xeral e do aforro non supere a cantidade de 30.000 euros en tributación individual, nin 48.000 euros en tributación conxunta.
  • Que o contribuínte identifique o arrendador na autoliquidación do IRPF.
  • Que o contribuínte poida xustificar documentalmente o gasto satisfeito e o resto de requisitos esixibles para a dedución.
  • Que o traslado temporal non exceda os tres anos de duración.

Formalización

  • Importe satisfeito.

    No caso de matrimonio se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución se cumpre os requisitos para ter dereito á mesma. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe, que sexa o titular do contrato e que cumpra os requistos, poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento.

  • NIF do arrendador, se este non reside en España e non ten NIF español, deberá indicar o Número de Identificación do País de residencia.