Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.4.7. Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración, relativos ao mecenado deportivo

Os contribuíntes poderán deducir o 15 por cento das contías en que se valoren as doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato, e das contías satisfeitas en virtude de convenios de colaboración efectuada de acordo co que se dispón na Lei 6/2015, do 30 de marzo, polo que se regula o mecenado deportivo.

O límite da dedución é de 600 euros por exercicio. No caso de que a cesión de uso ou o contrato de comodato teña unha duración inferior a un ano, esta dedución ratearase en función do número de días do período anual. Se a duración é superior ao ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.

Requisitos

Só poderase aplicar esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible, en tributación individual non superen a contía de 12.500 euros, e de 25.000 euros en caso de tributación conxunta.

Base da dedución por cesións de uso ou contratos de comodato

A base será o importe anual que resulte de aplicar, en cada un dos períodos impositivos de duración do préstamo, o 4% na valoración do ben, e determinarase proporcionalmente ao número de días que corresponda a cada período impositivo.

No caso de que se trate de locais, terreos ou inmobles para a realización de proxectos ou actividades deportivas, aplicarase o 4% ao valor catastral, proporcionalmente ao número de días que corresponda a cada período impositivo.

Formalización

Deberá cubrir de maneira separada:

  1. As doazóns e demais modalidades relativas ao mecenado deportivo, agás cesións de uso ou de contratos de comodato de duración inferior ao ano

    A Base da dedución será:

    • nas doazóns o importe ou valor do doado
    • nas cesións de uso ou contrato de comodato: o 4% da valoración do ben ou o 4% do valor catastral segundo cal sexa o seu caso.
  2. Cesións de uso ou contratos de comodato de duración inferior ao ano consignará:

    • A base da dedución xa rateada ; é dicir a cantidade que resulte de aplicar o [4 %*(a valoración do ben ou valor catastral segundo  cal sexa o seu caso) *Nº días de duración/nº de días do período impositivo].
    • O tempo das cesións cuantificado en número de días.