10.7.1. Por nacemento ou adopción de fillos
Os contribuíntes poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo, sempre que xeren o dereito á aplicación do mínimo por descendentes establecidos no artigo 58 da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á dedución respecto dos mesmos descendentes o seu importe ratearase entre eles por partes iguais. Se algún deles non cumprise todos os requisitos para aplicar a dedución, o contribuínte con dereito á mesma só poderá aplicar a parte proporcional da dedución que lle corresponda.
-
100 euros no caso de parto ou adopción dun só fillo.
-
500 euros no caso de parto ou adopción de dous fillos.
-
900 euros no caso de parto ou adopción de tres ou máis fillos.
O que xera o dereito a cada unha destas deducións é o número de fillos en cada parto, non o número de nacementos durante o exercicio.
Requisitos
-
A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou de 36.000 euros en tributación conxunta.
-
Para a aplicación desta dedución teran en contase as normas para a aplicación do mínimo por descendentes. Non obstante, cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos descendentes e algún deles non cumpra o requisito anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes.
Formalización
A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos que indicase nas xanelas de "Datos persoais e familiares".