Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.7.10. Por acollemento familiar non remunerado de menores

Os contribuíntes poderán deducirse, por cada menor en réxime de acollemento familiar non remunerado simple, permanente ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, sempre que convivan co menor durante máis de 183 días do período impositivo as seguintes cantidades:

  1. 500 euros se se trata do primeiro menor en réxime de acollemento familiar non remunerado.

  2. 600 euros se se trata do segundo menor ou sucesivo en réxime de acollemento familiar non remunerado.

Para os efectos de determinación do número de orde do menor acollido soamente computaranse aqueles menores que permanecesen no devandito réxime durante máis de 183 días do período impositivo. En ningún caso computaranse os menores que fosen adoptados durante o devandito período impositivo polo contribuínte.

Non dará dereito á dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produza a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación da dedución “por nacemento ou adopción de fillos”.

No suposto de acollemento de menores por matrimonios ou unións de feito, o importe da dedución ratearase por partes iguais en caso de declaración individual.

Requisitos

  1. Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro do contribuínte non sexa superior a 12.500 euros en tributación individual ou a 25.000 euros en tributación conxunta.

  2. Que se acredite, pola Conserxaría competente na materia, a formalización do acollemento, así como que o contribuínte non recibiu axudas da Administración da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha vinculada co acollemento.

Formalización

 A través dunha  xanela de captura de datos deberá indicar a seguinte información:

  1. O número de menores que puidesen dar dereito a dedución. Indicando se o acollemento é común ou só do titular da declaración.

  2. Indicar se o acollemento se realizou por matrimonios ou unións de feito.