Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

10.8.18. Por paternidade

Por gozo do período de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da actividade por paternidade ou do permiso de paternidade, o contribuínte poderá deducir como máximo 750 euros.

Cando o permiso non coincida co máximo legal permitido a dedución será de 75 euros por semana completa.

Nota: De acordo coa disposición transitoria décimo terceira do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, introducida por Real Decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, durante o exercicio 2020 a nai biolóxica poderá ceder ao outro proxenitor, como máximo, ata dúas semanas do seu período de suspensión de gozo non obrigatorio.

Esta posibilidade de que a nai biolóxica ceda ao outro proxenitor un máximo de ata dúas semanas do seu período de suspensión de gozo obrigatorio ao outro proxenitor será de aplicación unicamente para os traballadores incluídos no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e non será de aplicación ao persoal laboral ao servizo das Administracións Públicas ao que se lle aplica, en materia de permisos de nacemento, adopción, do proxenitor diferente da nai biolóxica e lactación, a regulación recollida no texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

Requisitos

A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non debe superar a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.

Supostos excluídos

Exclúense tanto a suspensión do contrato por paternidade regulado no artigo 48.bis do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, como o permiso de paternidade previsto no artigo 49.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e a interrupción da actividade prevista no artigo 4.3 da Lei 20/2007, do 11 de xullo do Estatuto do Traballo Autónomo.

Saldos pendentes de aplicación

No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicarse o total da dedución no período impositivo en que se xere o dereito á mesma, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.

Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos devanditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste de aplicar

Formalización

Na xanela de captura de datos deberá indicar se ten dereito á dedución e a duración do permiso gozado se non coincidise co máximo legal permitido.