10.8.19. Por gastos de adopción
Por cada adopción realizada no período impositivo, de fillos que xeren o dereito á aplicación do "mínimo por descendente", o contribuínte poderá deducirse 784 euros.
No suposto de adopción internacional, realizada segundo a lexislación vixente e de acordo cos tratados e convenios subscritos por España, o importe da dedución será de 3.625 euros.
A dedución será aplicable ao período impositivo correspondente ao momento en que se produza a inscrición no Rexistro Civil.
Compatibilidade
Esta dedución é compatible coas deducións por nacemento e adopción e por partos múltiples ou adopcións simultáneas.
Requisitos
Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos descendentes, e algún deles non cumpra os requisitos establecidos no punto anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes, prevista na lexislación estatal
Saldos pendentes de aplicación
No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicarse o total da dedución no período impositivo en que se xere o dereito á mesma, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.
Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos devanditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste de aplicar
Formalización
En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito.
Noutro caso, o número de fillos adoptados reflectirase no recadro "Do titular "Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que terían dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos sen ter en conta a contía das súas rendas, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.