10.9.4. Por alugamento da vivenda habitual
Os contribuíntes poderán deducir o 10%, ata un máximo de 300 euros anuais, das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de alugamento da vivenda habitual, sempre que cumpran os seguintes requisitos.
Requisitos
-
Para a aplicación desta dedución deberán de cumprirse algunha das seguintes situacións:
-
Ter 32 anos ou menos na data de devindicación do imposto.
-
Estar no paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.
-
Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.
-
Ser viúvo ou viúva e ter sesenta e cinco anos ou máis.
-
-
A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non debe superar a contía de 20.000 euros en tributación individual e 30.000 euros en tributación conxunta. Este requisito é controlado polo programa.
-
As cantidades satisfeitas en concepto de alugamento deben exceder do 10 por 100 dos rendementos netos. Este requisito é controlado polo programa.
Familias numerosas
No suposto de que os contribuíntes pertenzan a unha familia numerosa o importe máximo deducible elevarase a 600 euros, sen que cumpra neste caso que se cumpran ningunha das situacións establecidas no punto 1 anterior.
Consideraranse familias numerosas as definidas pola Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
Tributación conxunta
No caso de tributación conxunta o importe máximo da dedución elévase a 600 euros.
En tributación conxunta abondará que un do cónxuxes cumpra os requisitos esixidos.
Outras condicións para a aplicación
-
Unha mesma vivenda non pode dar lugar á aplicación dun importe superior a 600 euros. Polo tanto, se en relación cunha mesma vivenda resultase que máis dun contribuínte ten dereito á dedución, cada un deles poderá aplicar na súa declaración unha dedución polo importe que se obteña de dividir a cantidade resultante da aplicación do 10 por 100 do gasto total ou o límite máximo de 600 euros, se procede, polo número de declarantes con dereito á dedución.
-
Os contribuíntes deben identificar o arrendador da vivenda facendo constar o seu NIF no recadro correspondente da xanela da dedución por alugamento.
Formalización
A través da xanela de captura de datos o contribuínte fará constar:
-
Importe satisfeito por quen figure como titular no contrato de arrendamento.
No caso de matrimonio se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe, titular do contrato, poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento. As cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.
- O número de persoas con dereito a aplicar a dedución por unha mesma vivenda.
- O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.
- Marcarase cunha "X"se estivo no paro máis de 183 días durante o exercicio.
- Se o titular da dedución forma parte dunha familia numerosa consignarase "X" no recadro correspondente.
O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B6 da declaración.