12.4. Exceso non reducido contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia
Exceso non reducido derivado de contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia pedientes de reducir nos exercicios seguintes.
Neste apartado quedarán reflectidas as cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2015 a 2019, as cantidades aplicadas e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.
Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.