Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

13.1.Exceso non reducido achegas a sistemas de previsión social a favor de persoas con discapacidade

Neste apartado aparecerá o exceso non reducido das achegas e contribucións a sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade pendente de reducir nos exercicios seguintes.

En primeiro lugar aparecerán as achegas pola persoa con discapacidade partícipe, isto é, o declarante, cónxuxe e outras persoas que forman parte da unidade familiar.

Quedarán reflectidas as cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2015 a 2019, as aplicadas nesta declaración e, as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio e as cantidades non aplicadas que se solicita poder reducir nos 5 exercicios seguintes.

De seguido aparecerán as achegas realizadas polo declarante e / ou cónxuxe a favor de parentes ou tutelados.

Quedarán reflectidas as cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2015 a 2019, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Así mesmo reflectiranse as cantidades achegadas no exercicio e as cantidades non aplicadas que se solicitan poder reducir nos 5 exercicios seguintes.