3.1.4. Período impositivo e devindicación do imposto
Como regra xeral o período impositivo coincide co ano natural e o imposto devindícase o 31 de decembro de cada ano.
O período impositivo será inferior ao ano natural exclusivamente no caso de que se produza o falecemento do contribuínte nun día distinto ao 31 de decembro.
En tal suposto o período impositivo termina e devindícase o imposto na data de falecemento.
Do cumprimento das obrigas tributarias pendentes do falecido son responsables os herdeiros ou legatarios.
Falecemento dun contribuínte integrado nunha unidade familiar
Se se produce o falecemento dalgún membro da unidade familiar durante o ano, existen unicamente as seguintes posibilidades de tributación:
- Tributación individual de todos os membros da unidade familiar.
- Tributación conxunta da unidade familiar (determinada segundo a situación a 31 de decembro) sen incluír o falecido, e tributación individual do falecido.
Tributación en períodos inferiores ao ano
Con carácter xeral, cando o período impositivo é inferior ao ano (tributación individual do contribuínte falecido), son de aplicación as mesmas regras de tributación, incluíndo os importes e límites cuantitativos, establecidos para os períodos impositivos que coinciden co ano natural.