3.2.3. Normas aplicables na tributación conxunta
Na tributación conxunta serán aplicable as regras xerais do Imposto sobre determinación da renda dos contribuíntes, determinación das bases impoñible e liquidable e determinación da débeda tributaria. Coas seguintes especialidades:
- Os importes e límites cuantitativos da obriga de declarar, establecidos para a tributación individual, son idénticos na tributación conxunta sen que proceda a súa elevación ou multiplicación en función do número de membros da unidade familiar aínda que para o seu cómputo deban acumularse as rendas obtidas por todos os seus membros.
-
Todos os membros da unidade familiar quedarán conxunta e solidariamente sometidos ao Imposto, sen prexuízo do dereito a ratear entre si a débeda tributaria, segundo a parte de renda suxeita que corresponda a cada un deles .
-
As rendas de calquera tipo obtido polas persoas físicas integradas nunha unidade familiar que optasen pola tributación conxunta, serán gravadas acumuladamente.
-
Os importes e límites cuantitativos establecidos para os efectos da tributación individual, aplicaranse en idéntica contía na tributación conxunta, sen que proceda a súa elevación ou multiplicación en función do número de membros da unidade familiar, coas excepcións que se recollen no artigo 84 da Lei do IRPF. Non obstante:
-
Os límites máximos de redución por achegas a sistemas de previsión social e a patrimonios protexidos das persoas con discapacidade, serán aplicados individualmente por cada partícipe ou mutualista integrado na unidade familiar.
-
En calquera das modalidades de unidade familiar, o mínimo do contribuínte será de 5.550 euros anuais, con independencia do número de membros integrados na mesma. Para a cuantificación do incremento do mínimo do contribuínte por causa da idade e do mínimo por discapacidade teran en contase as circunstancias persoais de cada un do cónxuxes integrado na unidade familiar.
-
-
Na tributación conxunta serán compensable, de acordo coas normas xerais do Imposto, as perdas patrimoniais e as bases liquidables xerais negativas, realizadas e non compensadas polos contribuíntes compoñentes da unidade familiar en períodos impositivos anteriores en que tributasen individualmente.
-
Os mesmos conceptos determinados en tributación conxunta serán compensables exclusivamente, en caso de tributación individual posterior, por aqueles contribuíntes a quen correspondan de acordo coas regras sobre individualización de rendas contidas na Lei do Imposto.