Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

3.3.4. Fraccionamento do pagamento e domiciliación

Declaracións a ingresar

No caso de que a declaración fóra a ingresar o contribuínte poderá:

  • Domiciliar o pagamento nunha entidade de crédito que actúe como colaboradora na xestión recadadora (Banco, Caixa de Aforro ou cooperativa de crédito) sita en territorio español en que se encontre aberta ao seu nome a conta en que quere domiciliar.
  • Ingresar obtendo un número de referencia completo (NRC) da súa entidade bancaria.
  • A través dunha carta de pagamento imprimindo este documento de ingreso co que posteriormente pode dirixirse unha entidade colaboradora e efectuar o pagamento.

Domiciliación bancaria do pagamento

A domiciliación bancaria poderá realizarse desde o día 7 de abril ata o 25 de xuño de 2021, ambos os dous incluídos.

Non obstante, se se opta por domiciliar unicamente o segundo prazo a mesma poderá realizarse ata o 30 de xuño de 2021, inclusive.

Pagamento en dous prazos

Sen prexuízo da posibilidade de adiamento ou fraccionamento do pagamento prevista na lei Xeral Tributaria e desenvolvida no Regulamento Xeral de Recadación, o ingreso do importe resultante da autoliquidación poderase fraccionar, sen interese ou recarga algún, en dous partes : a primeira, do 60 por 100 do seu importe, no momento de presentar a declaración, e a segunda, do 40 por 100 restante, ata o 5 de novembro de 2021 inclusive.

Para gozar deste beneficio cumprirá que a declaración se presente dentro do prazo establecido. Non poderá beneficiarse deste fraccionamento o ingreso das autoliquidacións complementarias.

Os contribuíntes que opten polo fraccionamento do importe da débeda tributaria poderán:

  1. Domiciliar tanto o primeiro como o segundo prazo. Neste caso, o segundo prazo deberá domiciliarse na mesma entidade e conta en que se domiciliou o primeiro prazo. A domiciliación poderá efectuarse desde o 7 de abril ata o 25 de xuño de 2021.
  2. Domiciliar unicamente o pagamento do primeiro prazo. A domiciliación poderá efectuarse desde o 7 de abril ata o 25 de xuño de 2021. Neste caso, o ingreso do segundo prazo deberá efectuarse por vía electrónica ou directamente en calquera oficina situada en territorio español destas entidades (Bancos, Caixas de Aforro ou cooperativas de crédito) ata o día 5 de novembro de 2021, inclusive, mediante o modelo 102. Non obstante, e sempre que se domiciliase o primeiro prazo, os contribuíntes poderán domiciliar o segundo prazo ata o 22 de setembro de 2021 inclusive.
  3. Domiciliar unicamente o pagamento correspondente ao segundo prazo. Neste caso, a domiciliación deberá efectuarse nunha conta da entidade de crédito que actúe como colaboradora na xestión recadadora en que efectúe o ingreso do primeiro prazo. A domiciliación, poderá realizarse ata o 30 de xuño de 2021 inclusive.

Fraccionamento extraordinario para o pagamento da débeda tributaria derivada da declaración do IRPF para beneficiarios durante o ano 2020 de prestacións vinculadas a expedientes de regulación temporal de emprego

Este  fraccionamento do pagamento da débeda é totalmente optativo para o contribuínte.

Características deste fraccionamento

  • Este fraccionamento é incompatible co previsto no artigo 62.2 do Regulamento do IRPF (60% no momento da presentación da declaración e 40% restante ata o 5 de novembro de 2021) e co réxime xeral de adiamento ou fraccionamento do pagamento previsto no artigo 65 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

  • O pagamento do fraccionamento solicitado efectuarase en seis prazos, con vencemento os días 20 de cada mes, sendo o primeiro o día 20 de xullo de 2021.

    Non se devindican xuros de mora  durante o devandito fraccionamento nin será necesaria a achega de garantía.

Requisitos da solicitude

  • Que o solicitante, ou calquera dos membros da unidade familiar en caso de tributación conxunta, estivese incluído nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego durante o ano 2020, sendo perceptor nese exercicio das correspondentes prestacións.
  • Que non exceda de 30.000 euros o importe que se encontre pendente de pagamento  para o solicitante, tanto en período voluntario coma en período executivo, das débedas de dereito público xestionadas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria e polos órganos ou organismos da Facenda Pública Estatal.
  • A declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas tén quese presentar dentro do prazo voluntario  de autoliquidación e ingreso, sen que poida fraccionarse o ingreso derivado de autoliquidacións complementarias presentadas con posterioridade ao 30 de xuño de 2021.

Este fraccionamento non será de aplicación aos contribuíntes a que se refire o artigo 93 da Lei de IRPF (réxime fiscal especial aplicable aos traballadores desprazados a territorio español).

Formalización

Desde “Presentar declaración” terá que:

  • Marcar a opción de “Non fraccionado”, e seleccionar a opción “Outra modalidades de pagamento”.

    No desdobrable que se abre nesta última opción seleccionará “Recoñecemento de débeda con solicitude de adiamento” e “Aceptar” obtendo unha mensaxe de confirmación da presentación en que se lle indicará que queda pendente a presentación da solicitude de adiamento.

  • Para solicitar o adiamento debe pulsar a ligazón “Tramitar débeda” que se encontra na mensaxe de confirmación; ao facero visualizará o detalle da liquidación que se xerou como consecuencia da presentación da declaración con recoñecemento de débeda.

    No menú superior seleccionará “Aprazar” e marcará a opción “Solicitude de fraccionamento extraordinario IRPF 2020 para beneficiarios de prestacións ERTE (Orde HAC/320/2021) – Fraccionamento ERTE-“, e pulsando ”Confirmar” presentará a solicitude de adiamento obtendo unha mensaxe de confirmación.

Outros supostos de fraccionamento

Á marxe do réxime xeral de fraccionamento a normativa reguladora do IRPF contempla dous supostos especiais

  • Falecemento do contribuínte.
  • Perda da condición de contribuínte por cambio de residencia.

En ambos os dous casos, todas as rendas pendentes de imputación deben integrarse na base impoñible do último período impositivo que deba declararse polo IRPF. Por iso, os sucesores do causante ou o contribuínte poderán solicitar o fraccionamento da parte de débeda tributaria correspondente ás devanditas rendas. O fraccionamento rexerase polas normas previstas polo Regulamento Xeral de Recadación aprobada polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, coas seguintes especialidades:

  • As solicitudes deben formularse dentro do prazo regulamentario de declaración.
  • O solicitante debe ofrecer garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución nos termos previstos no Regulamento Xeral de Recadación.