7.1.3. Rendas estimadas e operacións vinculadas
Rendas estimadas (art. 40 Lei)
Presumiranse retribuídas, agás proba en contrario, as prestacións de servizos susceptibles de xerar rendementos do traballo (art. 6.5 Lei).
A valoración das rendas estimadas efectuarase polo valor normal de mercado. Entenderase por valor normal de mercado a contraprestación que acordarían suxeitos independentes, agás proba en contrario.
Operacións vinculadas (art. 41 Lei)
Con carácter xeral, no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas aplícanse as regras de valoración das operacións vinculadas nos termos previstos no artigo 18 da Lei do Imposto sobre Sociedades.