Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

8.3.4. Compensacións de partidas negativas na base impoñible do aforro

As partidas negativas procedentes de exercicios anteriores pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2020 poden ser:

  • Saldos negativos de rendementos do capital mobiliario de 2016, 2017, 2018 e 2019, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2020, a integrar na base impoñible do aforro.
  • Saldos negativos de ganancias e perdas patrimoniais de 2016, 2017, 2018 e 2019, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2020, a integrar na base impoñible do aforro.

1ºCompensaciσn das partidas negativas pendentes de exercicios anteriores co seu respectivo saldo positivo de rendementos ou de ganancias e perdas do exercicio

  • O saldo positivo de rendementos do capital mobiliario do exercicio 2020, unha vez minorado o devandito saldo pola compensación de perdas patrimoniais correspondentes ao exercicio 2020, poderase compensar por contribuínte co saldo dos rendementos negativos do capital mobiliario pendentes de compensación dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019.

  • O saldo positivo de ganancias e perdas do exercicio 2020, unha vez minorado o devandito saldo pola compensación do saldo negativo, se o houbese, de rendementos de capital mobiliaria obtidas no exercicio 2020, poderase compensar por contribuínte co saldo das Perdas pendentes de compensación dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019.

En ningún caso efectuarase a compensación fóra do prazo de catro anos, mediante a acumulación a saldos netos negativos ou a perdas patrimoniais de exercicios posteriores.

2º. Compensaciσn do resto dos saldos negativos de rendementos de capital mobiliaria e de ganancias e perdas pendentes de exercicios anteriores non compensados

  • Se houbese saldos negativos de rendementos de capital mobiliaria dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019 que non se compensasen segundo o indicado anteriormente, poderanse compensar co saldo positivo restante, se o houber, de ganancias patrimoniais do exercicio 2020 ata o límite do 25 por 100 do citado saldo positivo.

    Esta compensación canda a dos saldos negativos de rendementos de capital mobiliaria de 2020 non poderá superar conxuntamente o límite do 25 por 100 do saldo positivo de ganancias e perdas de 2020.

  • Se houbese saldos negativos de ganancias e perdas patrimoniais dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019 que non se compensasen, en cuxo caso, poderanse compensar co saldo positivo restante, se o houber, de rendementos do capital mobiliario do exercicio 2020, ata o límite do 25 por 100 do citado saldo positivo.

    Esta compensación canda a dos saldos negativos de ganancias e perdas de 2020 que se compensen co saldo positivo de rendementos de capital mobiliaria de 2020 non poderá superar conxuntamente o límite do 25 por 100 do saldo positivo de rendementos de capital mobiliaria de 2020 antes de compensacións.