Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2020

8.9.3. Dedución por dobre imposición internacional

Cando entre as rendas do contribuínte figuren rendementos ou ganancias patrimoniais obtidas e gravadas no estranxeiro, deducirase a menor das cantidades seguintes:

  1. O importe efectivo do satisfeito no estranxeiro por razón dun imposto de natureza idéntica ou análoga a este imposto ou ao Imposto da Renda de non Residentes sobre os devanditos rendementos ou ganancias patrimoniais.

  2. O resultado de aplicar o tipo medio efectivo de gravame á parte de base liquidable gravada no estranxeiro.

Con esta finalidade, o tipo medio efectivo de gravame será o resultado de multiplicar por 100 o cociente obtido de dividir a cota líquida total pola base liquidable. Para tal fin deberase diferenciar o tipo de gravame que corresponda ás rendas xerais e do aforro, segundo proceda. O tipo de gravame expresarase con dous decimais.

Cando se obteñan rendas no estranxeiro a través dun establecemento permanente practicarase esta dedución, e en ningún caso resultará de aplicación o procedemento de eliminación da dobre imposición prevista no artigo 22 do texto refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades.

 

  1. 8.9.3.1 Formalización