8.9.5.2. Deducións familiares
Terán dereito ás deducións familiares por:
- descendentes con discapacidade
- ascendentes con discapacidade
- cónxuxe non separado legalmente con discapacidade
- familia numerosa
- ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anulidadades por alimentos
os contribuíntes que cumpran os requisitos específicos de cada unha das deducións, e pola súa parte pertenzan a un destes dous colectivos:
-
Colectivo 1: contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa.
-
Colectivo 2: contribuíntes que perciban prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de previsión social alternativas.
Se como consecuencia do ERTE percibe do SEPE a prestación por desemprego de nivel contributivo ou o subsidio por desemprego terá dereito a esta dedución durante os meses en que se perciba a prestación ou o subsidio.
Se está percibindo a Prestación por cesamento de actividade para traballadores autónomos terá dereito a esta dedución durante os meses en que se perciba a devandita prestación.
Incompatibilidades
A dedución por cónxuxe non separado legalmente é incompatible coa dedución por descendentes e ascendentes con discapacidade con respecto á mesma persoa.
A dedución por familia numerosa e a dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos, son incompatibles entre si.