10.1.4. Por cantidades investidas no alugamento de vivenda habitual
Os contribuíntes menores de 35 anos na data de devindicación do imposto terán dereito a aplicar unha dedución do 15 %polas cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da súa vivenda habitual, cun máximo de 500 euros anuais tanto en tributación individual como en conxunta.
En caso de tributación conxunta, o requisito da idade deberá cumpriro, polo menos, un do cónxuxes, ou se é o caso, o pai ou a nai no suposto de familias monoparentais.
Requisitos
-
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non ten que superar 19.000 euros en tributación individual ou 24.000 euros en tributación conxunta.
-
Deberá acreditarse a constitución do depósito da fianza á que se refire o artigo 36 da Lei de Arrendamentos Urbanos (Lei 29/1994), a favor da Comunidade Autónoma de Andalucía.
-
O contribuínte debe identificar o arrendador ou arrendadora da vivenda facendo constar o seu Número de Identificación Fiscal (NIF) na correspondente autoliquidación.
-
A dedución practicarase só por quen figuren como arrendatarios no contrato de arrendamento.
-
Esta dedución é incompatible no mesmo período impositivo coa dedución por investimento en vivenda habitual.
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos deberá facilitar a seguinte información:
-
Importe satisfeito pola persoa que consta como titular no contrato de arrendamento.
En caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, só serán deducibles as cantidades que satisfaga o cónxuxe asinante do contrato de arrendamento e, en consecuencia, as cantidades que satisfaga o cónxuxe que non figura no contrato non dan dereito á devandita dedución por non ser arrendatario para estes fins.
Polo tanto, se a renda se satisfai con fondos gananciais só o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución, polo 50 %do importe do alugamento.
-
NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.
O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B.8 da declaración.