10.10.6. Por compra de material escolar
Os contribuíntes terán dereito a aplicar unha dedución de 15 euros pola compra de material escolar se cumpren os seguintes requisitos :
Que teñan ao seu cargo fillos ou descendentes en idade escolar obrigatoria. Entenderase cumprido este requisito unicamente cando o fillo ou descendente teña unha idade comprendida entre os 6 e os 15 anos na data de devindicación do imposto.
-
Que a base impoñible xeral e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.
-
Que se teña dereito á aplicación do mínimo por descendentes
-
Que os fillos ou descendentes convivan co contribuínte.
Cando un fillo ou descendente escolarizado conviva con ambos os dous pais ou ascendentes o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles no caso de que optasen por declaración individual.
Formalización
Deberá reflectir no recadro "Común" ou no recadro "Titular", conforme ao que se indica a continuación, o número de descendentes en idade escolar obrigatoria tendo en conta que un mesmo descendente só pode consignarse nunha dos dous recadros.
En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito aplicar a dedución reflectirá no recadro "Común" o número de fillos ou descendentes en idade escolar obrigatoria que xeren o dereito á dedución.
Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual reflectirá no recadro "Titular" o número de fillos ou descendentes en idade escolar obrigatoria que dan dereito á dedución indicando, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución por eses mesmos descendentes.