Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.11.4. Por contribuíntes con discapacidade de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas

O 10% das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros.

Requisitos

  • Que a base impoñible total minorada no mínimo persoal e familiar non sobrepase 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

  • Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos deben estar afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e acreditar a necesidade da axuda de terceiras persoas.

  • Considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

  • Que se acredite a necesidade de axuda de terceiras persoas.

  • Que o contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar marcando unha "X" se ten dereito á dedución e o importe satisfeito a terceiros.