10.15.2. Por nacemento ou adopción múltiple
Contía
224 euros por nacemento ou adopción múltiple, durante o período impositivo, como consecuencia de parto múltiple ou de dous ou máis adopcións constituídas na mesma data.
Requisitos
-
Que os fillos dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
- Que a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro non sexa superior a 25.000 euros, en tributación individual, ou a 40.000 euros, en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
Límite
O importe íntegro da dedución soa será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros en tributación individual, ou inferior a 37.000 euros, en tributación conxunta.
Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros en tributación individual, ou entre 37.000 e 40.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:
-
En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000)
-
En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 37.000)
Cando ambos os dous proxenitores ou adoptantes teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Esta dedución será compatible coa dedución por nacemento ou adopción, durante o período impositivo, coa dedución por nacemento ou adopción dun fillo con discapacidade e coa dedución por familia numerosa.
Formalización
En caso de matrimonio e se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá marcar o recadro "Común".
Noutro caso, ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual ou cando algún do cónxuxes non presenta declaración marcará o recadro "Do Titular indicando, adicionalmente, se os fillos conviven ou non con ambos os dous pais ou adoptantes.