10.15.21. Por contribuíntes con dous ou máis descendentes
Contía
Os contribuíntes con dous ou máis descendentes poderán deducir o 10% do importe da cota íntegra autonómica, en tributación individual ou conxunta, unha vez deducidas da mesma as minoracións para determinar a cota líquida autonómica, excluída a presente dedución, ás que se refire a normativa estatal reguladora do imposto.
Requisitos
-
Que os descendentes xeren a favor do contribuínte o dereito á aplicación do correspondente mínimo por descendentes establecidos pola normativa estatal reguladora do imposto.
-
Que a suma das seguintes bases impoñibles non sexa superior a 24.000 euros:
-
As dos contribuíntes que teñan dereito, polos mesmos descendentes, á aplicación do mínimo por descendentes.
-
As dos propios descendentes que dan dereito ao citado mínimo.
-
As de todos os membros da unidade familiar que tributen conxuntamente co contribuínte e que non se encontren incluídos nos dous apartados anteriores.
-
Formalización
Se cumpre os requisitos para aplicar a dedución deberá marcar co recadro correspondente.