Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.2.2. Por nacemento ou adopción dun fillo en atención ao grao de discapacidade

O nacemento ou adopción dun fillo cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% outorgará o dereito a unha dedución de 200 euros.

Esta dedución é compatible coa dedución por nacemento ou adopción do terceiro fillo ou sucesivos.

O grao de discapacidade deberá estar referido á data de devindicación do imposto e recoñecido mediante resolución expedida polo órgano competente en materia de servizos sociais.

Cando os fillos que dean dereito á dedución convivan con máis dun contribuínte, o importe da dedución ratearase por partes iguais.

Formalización

Deberá reflectir no recadro  "Común" ou no recadro  "Do titular ", conforme ao que se indica a continuación, o número de fillos ou adoptados no ano tendo en conta que un mesmo fillo ou adoptado só pode consignarse nunha dos dous recadros.

En caso de matrimonio, se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberán indicar no recadro "Común" o número de fillos nados ou adoptados no ano. 

Noutro caso, ou cando existindo matrimonio optasen por unha captura de datos individual, o número de fillos que dan dereito á dedución reflectirase no recadro "Do titular ". Neste suposto, adicionalmente, deberá indicar se os fillos conviven ou non con ambos os dous proxenitores.