10.3.12. Por certificación da xestión forestal sostible
Contía
Os propietarios de montes situados no territorio da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias poderán aplicar unha dedución do 30% das cantidades investidas durante o exercicio para a obtención da certificación da xestión forestal sostible outorgada pola Entidade Solicitante da Certificación Forestal Rexional do Principado de Asturias ou entidade equivalente.
Requisitos e condicións
-
A dedución aplicarase no exercicio en que se obteña a certificación da xestión forestal sostible.
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución en relación cos mesmos bens e aqueles realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
-
Entenderase polos “mesmos “bens”, para os efectos de aplicar o rateo da dedución, os montes-definidos no art. 5 da Lei do Principado de Asturias 3/2004, do 23 de novembro, de Montes e Ordenación Forestal - que constitúan un predio ou parcela independente, con referencia catastral que a identifique delimitando o seu ámbito espacial, pertencentes a varios donos pro indivisos ou en réxime de copropiedade.
Importe máximo da dedución
O importe máximo da dedución será de 1.000 euros por contribuínte.
Base da dedución
A base da dedución constitúena as cantidades investidas durante o exercicio na obtención da certificación da xestión forestal sostible, incluíndo todos os custos asociados ao logro da propia certificación e excluíndo as subvencións que, se é o caso, recibise o propietario do predio para esa fin.
Formalización
Deberá indicar o importe satisfeito por cada certificación con dereito á dedución, indicando tamén, se é o caso, o número de persoas con dereito á mesma.